Premio Diego Bernal
Diego Bernal
Recoñecemento a unha traxectoria
A APG premia cada ano, desde 1996, a traxectoria de xornalistas galegos que exerceron en Galicia ou fóra de Galicia e que contribuíron ao recoñecemento social da profesión.
Homenaxe a Diego Bernal
Tras o falecemento de Diego Bernal, profesional admirado polo conxunto do xornalismo galego e un dos fundadores da APG, o premio pasou a denominarse co seu nome, como homenaxe e perpetuación da súa memoria.
Festa dos xornalistas
O Diego Bernal entrégase o 24 de xaneiro, festa do Patrón dos Xornalistas. Non conta con dotación económica e outórgase ao profesional que se considera máis merecedor do mesmo entre todos os candidatos propostos polos membros da Xunta Directiva á APG.
Julio Rodríguez González
«O seu talento, intuición, sagacidade e capacidade de traballo, así como o seu temperamento, sitúanlle nunha posición óptima para valorar o alcance de cada nova, para acabar acadando finalmente a satisfacción do deber cumprido ante os lectores»
Últimos premiados
-
O xornalista lugués José de Cora recibe o Premio Diego Bernal 2025 da APG de mans do presidente da XuntaO xornalista lugués José de Cora Paradela, vicepresidente e conselleiro editorial de El Progreso, recibiu hoxe, de mans do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso...
-
Alfonso Rueda entregou a Aida Pena o Premio Diego Bernal 2024 da APGA galardoada afirmou que, “cada vez que hai algún acontecemento extraordinario, aumenta a audiencia da radio, o que indica que a xente busca fontes fiables”...
-
José Luis Gómez recolleu o Bernal 2023 demandando medios “plurais e veraces”O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou no acto que o galardoado "pertence a unha xeración de xornalistas á que lle debemos que Galicia coñeceuse...


