Quen somos

Quen somos ozonoadmin Febreiro 6, 2020
Ao servizo dos profesionais da comunicación
A Asociación de Xornalistas de Galicia (APG), fundada en 1995, é un foro de encontro dos xornalistas e profesionais da comunicación para dignificar a profesión e conseguir que teña un maior prestixio social.

A Asociación de Xornalistas de Galicia (APG) foi fundada o 5 de maio de 1995, en Santiago de Compostela. Entre os obxectivos fundacionais figuran a promoción e defensa do exercicio da profesión xornalística e da comunicación para contribuír á súa dignificación para alcanzar un maior prestixio social.

Para iso, a APG promove o desenvolvemento de actividades que contribúan á formación permanente dos profesionais e pola realización de estudos e investigacións sobre os medios de comunicación e o conxunto do sector.

Deste modo, organiza e impulsa a celebración de seminarios sobre a comunicación e as empresas xornalísticas, a publicación de traballos de investigación, a realización de conferencias e foros de debate sobre o sector, así como a constitución de premios que recoñezan aos profesionais polos seus méritos e a súa contribución exemplar na defensa da profesión e dos valores sociais, culturais e deontolóxicos.

Entre outros, a Asociación de Xornalistas é a promotora do premio Diego Bernal, que recoñece as traxectorias exemplares de profesionais do ámbito da información e a comunicación. Así mesmo, impulsa o premio José Luis Alvite dedicado a recoñecer o traballo realizado por destacados columnistas e formadores de opinión.

A APG, de acordo cos seus principios fundacionais, estableceu convenios de colaboración con diversas asociacións e organizacións profesionais para construír alianzas para a defensa da profesión, como a Asociación de Xornalistas de Galicia en Madrid, a Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia, a Asociación de Directivos da Comunicación (Dircom), entre outras.

Impulsando o xornalismo dende 1995
Fundada en 1995, a APG conta cunha longa traxectoria impulsando o xornalismo galego e a traxectoria dos seus profesionais, con congresos, eventos e recoñecementos sociais, como o Premio Diego Bernal.
Únete á maior organización do xornalismo galego

Formar parte da APG é apoiar ao sector da comunicación e do xornalismo. Poden ser socios os licenciados en Ciencias da Comunicación e aqueles profesionais que desenvolvan a súa actividade nalgun medio de comunicación ou na docencia da Comunicación. Solicita máis información e únete á maior organización do xornalismo e a comunicación de Galicia.

Como podemos axudarche?
A APG traballa para o impulso e a dignificación social da profesión xornalística.

Como podemos axudarche? Contacta connosco.

Unha organización ao servizo do xornalismo

Os estatutos da Asociación de Xornalistas de Galicia regulan o funcionamento da organización e os dereitos e deberes dos seus membros.

Xunta Directiva
MariaMendez
María Méndez
Presidenta
PepeCastro
Pepe Castro
Vicepresidente
MartinFernandez
Martín Fernández Vizoso
Tesoreiro
LaloPavon
Lavo Pavón
Secretario
RosaVilas
Rosa Vilas
Vogal
PaulaPajaro
Paula Pájaro
Vogal
MiguelAngelRodriguez
Miguel Angel Rodríguez
Vogal
Virgiliocostas
Virgilio Costas
Vogal
LuisaFernanda
Luisa Fernanda Torres
Vogal
PabloAccion
Pablo Acción
Vogal
AlfonsoRiveiro
Alfonso Riveiro
Delegado en Lugo
Octavio
Octavio Rodríguez
Delegado en Pontevedra
JuanJoseFeijoo
Juan José Feijóo
Delegado en Ourense
ChusCastroB
Chus Castro
Delegada en A Coruña
Consejo Asesor
800x950
Arturo Maneiro
800x950
Javier García
800x950
Alfonso Cabaleiro
800x950
Ana Peón
800x950
María Xosé Porteiro
800x950
Fernando Salgado