A Asociación de Periodistas de Galicia entregou o Premio Diego Bernal 2003 a José Manuel Rey Nóvoa (Monforte de Lemos, 1942), director do xornal El Correo Gallego.
O presidente da APG, Arturo Maneiro, explicou que este galardón é “un recoñecemento ao apoio de Rey Nóvoa, tanto á profesión xornalística, como á consolidación dunha empresa multimedia no mundo da comunicación en Galicia”.
No acto, Rey Nóvoa agradeceu á APG o premio que leva o nome do gran xornalista compostelán Diego Bernal. Lembrou o seu periplo profesional ao longo dos anos en El Correo Gallego, que considera “froito dunha combinación de orgullo, entrega, paixón e humildade”.
- Xaneiro 24, 2003
- Diego Bernal
- By apgadmin
José Manuel Rey Nóvoa recibiu o Premio Diego Bernal 2003
Publicaciones relacionadas
-
Outubro 19, 2024 A APG concede a José de Cora o Premio Diego Bernal 2025
-
Xaneiro 23, 2024 Alfonso Rueda entregou a Aida Pena o Premio Diego Bernal 2024 da APG
-
Novembro 10, 2023 A APG concede a Aida Pena o premio Diego Bernal 2024