Camilo José Cela recolleu o Premio Anual da APG de 1999 apgadmin Xaneiro 24, 1999

Camilo José Cela recolleu o Premio Anual da APG de 1999

A Asociación de Xornalistas de Galicia (APG) entregou hoxe o seu premio anual ao escritor e Premio Nobel de Literatura Camilo José Cela, nun acto que se fixo coincidir coa celebración da festa do patrón dos xornalistas, San Francisco de Sales. Previamente á entrega do galardón, o arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Julián Barrio, oficiou unha misa na catedral compostelá. A seguir, procedeuse á entrega do premio ao escritor padronés no salón de actos da Aula de Cultura de Caixa Galicia, con intervencións do presidente do Consello da Cultura Galega, Carlos Casares, e do xornalista e secretario da APG, Diego Bernal. Finalmente, celebrouse un xantar de confraternidade.
O galardón foi creado pola Asociación de Periodistas de Galicia en 1996, ao obxecto de distinguir a traxectoria profesional de xornalistas galegos que exerceron na nosa comunidade autónoma ou fóra dela.
Nas edicións precedentes foron merecedores do premio anual da APG Augusto Assía (1996), Pedro de Llano (1997) e Feliciano Barrera (1998).