Juan Ramón Díaz recibe o Premio Diego Bernal 2004 nun emotivo acto en Santiago apgadmin Xaneiro 24, 2004

Juan Ramón Díaz recibe o Premio Diego Bernal 2004 nun emotivo acto en Santiago

O xornalista pamplonés, aínda que fincado na Coruña, Juan Ramón Díaz, ex director de La Voz de Galicia e actualmente, director xeral do grupo de comunicación La Capital, que inclúe cabeceiras históricas como El Ideal Gallego ou Diario de Arousa, entre outras, recibiu hoxe o Premio Diego Bernal que concede anualmente a APG. Foi nun emotivo acto que tivo lugar en Santiago de Compostela, no que o tamén xoralista Lois Caeiro realizou a laudatio do galardoado desta edición.

A Asociación de Periodistas de Galicia -cuxo presidente, Arturo Maneiro, fixo entrega a Díaz do Diego Bernal 2004-, decidiu outorgar este Premio a Juan Ramón Díaz en recoñecemento á “súa longa traxectoria profesional nos medios de comunicación”, andaina que iniciou no xornal Faro de Vigo, pero na que destacan sobre todo as súas dúas décadas -dende o ano 1977- ao fronte de La Voz de Galicia, como director, etapa na que se produciu o maior proceso de expansión dese xornal.