A Asociación de Xornalistas de Galicia (APG) entregou hoxe, nun acto que tivo lugar en Santiago de Compostela, o Premio Diego Bernal 2006 a Ángel Botana, ex director de Radio Galicia-Cadena Ser. O colectivo considerou para a concesión deste galardón o seu “bó trato e a súa preocupación polo exercicio xornalístico, que sempre mantivo con compañeiros e subordinados, unha boa relación que se prolongou máis aló de abril de 2004, cando obtivo a súa xubilación”. A APG valora ademais que a figura de Botana está avalada por sus 32 anos de traballo na Cadena Ser, veinte deles, en Radio Galicia.
O acto de entrega tivo lugar na sede da Asociación de Periodistas de Galicia, en Compostela. O galardoado foi presentado polo director do xornal El Correo Gallego, José Manuel Rey Novóa, e pechou o evento unha intervención do secretario xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, Fernando Salgado.