Revista Comunica
"Comunica": espazo de reflexión e análise sobre a profesión xornalística
A APG comezou en 2004 a publicación dunha revista en papel con traballos sobre xornalismo e comunicación coa intención de ser unha publicación galega sobre eses eidos, en tódalas súas posibles vertentes e modalidades. “Comunica” publica traballos de investigación, artigos ou recensións sobre o mundo da información que demostren interese para ser difundidos. O Consello Asesor de Redacción vela polo mantemento deste principio editorial. Os traballos están conformados por artigos, estudos ou informes dedicados a aspectos moi variados dentro do ámbito da comunicación e da profesión xornalística. “Comunica” estará aberta á colaboración de tódolos profesionais, docentes e investigadores das facultades de Comunicación de Galicia que queiran ofrecer as súas achegas.
O último número de “Comunica” contén o informe “O estado da innovación na comunicación en Galicia”, que inclúe artigos de 25 académicos e profesionais especialistas na materia e unha enquisa respondida por 111 profesionais da comunidade autónoma. O número 10 da revista foi dirixido polo catedrático de Xornalismo da USC, Francisco Campos Freire.
María Méndez.
Neste número da nosa revista, “Comunica” toma como obxecto de estudo e referencia científica a denominación e clasificación da estatística internacional, adoptada pola UNESCO e Eurostat, para analizar a innovación e o estado das industrias culturais, da comunicación, das TIC e o coñecemento (ICC) en Galicia. Como diagnóstico de opinión, ofrécese unha enquisa sobre o estado da innovación, enviada a máis de 340 profesionais dos principais sectores das actividades produtivas das industrias culturais, da comunicación e do coñecemento. A edición número 10 de “Comunica” inclúe ademais artigos de vintecinco profesores da Universidade galega e profesionais da comunicación en todas as súas vertentes expresivas. As ICC representan na actualidade un 2% (1.500 millóns de euros da facturación anual) da economía de Galicia, mesma porcentaxe que no conxunto da Unión Europea (200.000 millóns de euros de facturación anual e 9 millóns de empregos).
“Comunica”, no formato dixital que adquiriu dende a súa redición, está accesible a través do PDF que inclúe esta páxina.
Nun primeiro capítulo introdutorio realízase un encadre da estrutura das industrias da comunicación, da información (TIC) e da cultura en Galicia, así como do que representan para a economía da nosa comunidade autónoma. Este número inclúe análises sobre o I+D+I, a prensa impresa, a televisión, a ficción audiovisual, o sector da radio e o audio, o ecosistema dixital, a comunicación publicitaria, a perspectiva da diplomacia cultural, a comunicación política, a comunicación institucional, a comunicación corporativa empresarial, a comunicación musical, as artes escénicas, a comunicación artística, os fitos da fotografía, as tendencias do deseño en Galicia, e as características das marcas territoriais Galicia Calidade e Xacobeo.
O estado da innovación na comunicación en Galicia
FRANCISCO CAMPOS FREIRE
Xornalista e catedrático de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela (USC)
A innovación na televisión en Galicia
ANA ISABEL RODRÍGUEZ
Profesora titular de Periodismo en la Universidad de Santiago de Compostela (USC)
ANA ZAS LÓPEZ
Periodista en el centro territorial de RTVE en Galicia e investigadora de la USC
Enquisa
MARTA RODRÍGUEZ CASTRO
Profesora permanente laboral e investigadora da Facultade de Comunicación da USC