Pilar Cernuda recibiu o XVII Premio Diego Bernal da APG apgadmin Xaneiro 24, 2012

Pilar Cernuda recibiu o XVII Premio Diego Bernal da APG

A galardoada convidou aos xornalistas a que sigan exercendo o seu traballo “sen baixar a garda, pelexando pola procura do rigor, a verdade e a obxectividade, e sen que ninguén coma terreo á liberdade de expresión”

“Que ninguén contamine” a profesión xornalística e que esta “non sofra as interferencias dos poderes políticos, pero sobre todo, dos empresariais”. Son algunhas das demandas da xornalista compostelá Pilar Cernuda durante a súa intervención de agradecemento pola concesión do Premio Diego Bernal 2012, no acto de entrega dese galardón que tivo lugar en Santiago de Compostela e que, como cada ano, coincide coa festividade dos xornalistas, San Francisco de Sales.
Cernuda subliñou que a crise bateu “de cheo” a esta profesión, con todo o cal, convidou aos xornalistas a “non caer no desánimo”, a exercer o seu traballo “sen baixar a garda, pelexando pola procura do rigor, a verdade e a obxectividade e sen que ninguén coma terreo á liberdade de expresión”. E pediulles ademais un esforzo para que “ninguén poña en dúbida a grandeza desta profesión”.

Solidariedade cos que sofren as graves dificultades do sector
A galardoada nesta décimo séptima edición do Diego Bernal, que valora a traxectoria “de toda unha vida dedicada ao exercicio da profesión xornalística”, recibiu o Premio de mans do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e do presidente da Asociación de Periodistas de Galicia, Arturo Maneiro.
Este último aludiu ás “graves dificultades que atravesa o sector”, para solidarizarse con quen sofren as súas consecuencias e apostar por “empresas de comunicación fortes e traballos estables”.

O xornalismo como instrumento “para facer comprensibles os problemas”
Pola súa banda, o presidente da Xunta afirmou que non ve indicios dunha decadencia do xornalismo, “senón novas e apaixoantes tarefas que, hoxe máis que nunca, en época de crise”, fan desta profesión “un traballo imprescindible”. “Ao igual que no pasado o xornalismo xogou un papel fundamental para afianzar a democracia e o autogoberno”, engadiu Núñez Feijóo, “na actualidade non pode resolver problemas, pero si facelos comprensibles”. Por iso, para o presidente, “a información ten que transformarse en comprensión” e “a noticia require máis que nunca contextos, para que non se reduza a un simple fogonazo”.
O presidente fixo ademais un xogo de palabras cun dos títulos publicados por Pilar Cernuda, ao afirmar que “tamén existe a síndrome de Monte Pío, que loito por que non me afecte”. Y tras lembrar a frase “o xornalismo é unha gran profesión, sempre que se saiba abandonar a tempo”, finalizou animando a non deixar esta vocación “nin a tempo, nin a destempo”. “Queda a dúbida de se se pode dicir o mesmo da política… pero diso falaremos outro día”.

Nas 16 edicións anteriores do Premio Diego Bernal de la APG, este foi concedido a Pepe Domingo Castaño (2011), Manuel Martín Ferrand (2010), Perfecto Conde (2009), Gerardo González Martín (2008), Blanca García Montenegro (2007), Ángel Botana (2006), Alfonso Sánchez Izquierdo (2005), Juan Ramón Díaz (2004), José Manuel Rey Novoa (2003), Santiago Rey Fernández-La Torre (2003), el colectivo de periodistas vascos (2001), Manuel Fernández Areal (2000), Camilo José Cela (1999), Feliciano Barrera (1998), Pedro de Llano (1997) e Augusto Assía (1996).