A Asociación de Xornalistas de Galicia (APG) entregou o seu Premio Anual ao Colectivo de Xornalistas Vascos. Ao acto asistiu unha numerosa representación de profesionais do xornalismo, encabezada polo presidente e o secretario da APG, Arturo Maneiro e Diego Bernal, respectivamente; e Germán Yanke, director da revista Época, que foi o encargado de recoller o galardón, como presidente da Asociación Vasca de la Prensa, cargo no que substituiu a José Luis López de Lacalle, asasinado en maio de 2000 pola banda terrorista ETA.
Na súa intervención, Yanke sinalou que a gran esperanza é que o panorama da prensa non cambiou substancialmente no País Vasco, “malia as ameazas e as mortes”, e expresou o seu desexo de que os profesionais galegos non se encontren nunca nunha situación semellante.
Nas edicións precedentes foron merecedores do galardón anual da Asociación de Periodistas de Galicia Augusto Assía (1996), Pedro de Llano (1997), Feliciano Barrera (1998), Camilo José Cela (1999) e Manuel Fernández Areal (2000).
Germán Yanke recibe o Premio Anual da APG 2001 outorgado ao colectivo de xornalistas vascos
apgadmin
Xaneiro 24, 2001
- Xaneiro 24, 2001
- Diego Bernal
- By apgadmin
Germán Yanke recibe o Premio Anual da APG 2001 outorgado ao colectivo de xornalistas vascos
Publicaciones relacionadas
-
Outubro 19, 2024 A APG concede a José de Cora o Premio Diego Bernal 2025
-
Xaneiro 23, 2024 Alfonso Rueda entregou a Aida Pena o Premio Diego Bernal 2024 da APG
-
Novembro 10, 2023 A APG concede a Aida Pena o premio Diego Bernal 2024