Acto de entrega do primeiro Premio Anual da APG a Augusto Assía apgadmin Febreiro 24, 1996

Acto de entrega do primeiro Premio Anual da APG a Augusto Assía

O galardón é un recoñecemento á “longa e brilante traxectoria” dun “xornalista universal”

O Club Internacional de Prensa, en Santiago de Compostela, acolleu esta tarde unha calurosa homenaxe a un dos decanos dos xornalistas da nosa comunidade, Augusto Assía (seudónimo de Felipe Fernández Armesto), ena celebración polo patrono dos xornalistas, San Francisco de Sales, organizada pola Asociación de Periodistas de Galicia (APG), que lle entregou o seu primeiro premio anual.

O salón de actos do Club Internacional quedouse pequeno ante a nutrida afluencia de colegas de profesión, políticos -entre outros, o delegado do Goberno en Galicia, o conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia, o conselleiro de Pesca, o secretario xeral de Comunicación ou o ex presidente do Goberno galego, Fernando González Laxe-, personaxes do mundo da cultura, con Isaac Díaz Pardo ao fronte, e amigos do homenaxeado.

Todos eles escoitaron con gran atención as palabras do xornalista compostelán Diego Bernal, un dos promotores da APG, quen lembrou a “longa e brilante traxectoria de Felipe Fernández Armesto, dendea súa en Berlín, ata a súa estadía en Londres”. E revalidou a distinción de “xornalista universal” para o homenaxeado.

Cando Augusto Assía tomou a palabra para agradecer o galardón da APG, botou man da súa brilante humor socarrón ao afirmar que se ten ben merecida a nominación. Assía dixo a Bernal en ton xocoso: “Non cres que son universal; dixéchelo polo afecto… pero vas quedar mal, vas saber que o son”.

O premiado, co seu libro “Mi vuelta al mundo” (que recolle artigos sobre a súa estadía en distintos países, en especial, en Xapón) na man, demostrou o atino de calificalo como internacional. E rematou a súa intervención cunha serie de anécdotas, que atoparon resposta en máis anécdotas por boca de Domingo García Sabell, que puxo o broche final ao acto.