A Asociación de Xornalistas de Galicia (APG) entregou o premio de xornalismo Diego Bernal 2002 ao presidente de La Voz de Galicia nun acto celebrado en coincidencia coa festividade de San Francisco de Sales, patrón dos xornalistas.
Coa concesión e entrega deste galardón anual, a APG honra a memoria do xornalista compostelán, finado en agosto do ano pasado.
Arturo Maneiro, presidente da APG, asegurou na súa intervención no decurso do acto que con este premio se distingue o labor exercida como empresario xornalístico por parte de Santiago Rey Fernández-Latorre, así como o relevo da súa empresa, “unha das máis importantes de España dentro do sector da comunicación”.
Rey Fernández-Latorre, que dixo sentirse “ante todo xornalista”, expresou a súa satisfacción, tanto porque se trata dun galardón “concedido por un xurado formado por profesionais da comunicación, como por que leva o nome de Diego Bernal”.
No seu discurso apelou aos principios de credibilidade e compromiso de empresas e profesionais coa sociedade, e ao papel do servizo público da prensa.
E reafirmou a vocación de La Voz de Galicia como unha unidade e como actor de conciencia crítica de calquera poder.