A APG entregou o seu Premio Anual de 2000 a Manuel Fernández Areal apgadmin Xaneiro 24, 2000

A APG entregou o seu Premio Anual de 2000 a Manuel Fernández Areal

A Asociación de Xornalistas de Galicia (APG) entregou hoxe o seu Premio Anual a Manuel Fernández Areal, notable teórico da Comunicación e mestre de xornalistas, que atesoura unha dilatada traxectoria profesional na que destaca a súa responsabilidade como decano de dúas facultades de Comunicación -as de Pontevedra e A Lagoa-, así como a dirección de distintos medios de comunicación, ademais de ser autor de numerosos libros e publicacións.
O galardón foi creado pola APG no ano 1996, co obxectivo de distinguir a traxectoria profesional de xornalistas galegos, que exerceron na nosa comunidade autónoma ou fóra dela.

Nas edicións precedentes foron merecedores do Premio Anual da Asociación de Periodistas de Galicia Augusto Assía (1996), Pedro de Chairo (1997), Feliciano Barreira (1998) e Camilo José Cela (1999).