O editor Feliciano Barrera recibiu o Premio Anual 1998 da APG apgadmin Febreiro 24, 1998

O editor Feliciano Barrera recibiu o Premio Anual 1998 da APG

A Asociación de Periodistas de Galicia (APG), que representa a profesionais do sector das catro provincias galegas, entregou ao editor Feliciano Barreira o seu Premio Anual de 1998.

O galardón, que lle foi entregado a Barrera polo presidente da APG, Diego Bernal, recoñece o labor de promoción da comunicación realizada polo galardoado, editor dos xornais El Correo Gallego e O Correo Galego.

O acto de entrega do Premio Anual da Asociación de Periodistas de Galicia a Feliciano Barrera tivo lugar en coincidencia coa festividade do patrono dos xornalistas, San Francisco de Sales.