Luis Ventoso recibe o X Premio Alvite da APG agradecendo as oportunidades que lle deron os seus mestres e mentores apgadmin Maio 3, 2025

Luis Ventoso recibe o X Premio Alvite da APG agradecendo as oportunidades que lle deron os seus mestres e mentores

O xornalista Luis Ventoso Castiñeira, director adxunto do diario dixital El Debate, recibiu de mans da conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana Somoza, e da presidenta da Asociación de Periodistas de Galicia, María Méndez González, a estatuiña “A deusa de Alvite”, que lle acredita como Premio José Luis Alvite 2025 de columnismo da APG. O acto, conducido pola presidenta da Asociación de la Prensa de A Coruña, Doda Vázquez Iglesias, tivo lugar na sede da Fundación Barrié, en A Coruña, e nel participaron tamén o xornalista de La Voz de Galicia Manuel Costoya Cereijo -que realizou a laudatio do galardoado-, e o director de El Debate, Bieito Rubido Ramonde, contando ademais coa asistencia, entre outras autoridades, do secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, Pedro Rojo Otero.

No evento, que a APG fai coincidir cada ano co Día Mundial da Liberdade de Prensa, Luis Ventoso disertou de forma distendida sobre as súas vivencias no mundo do xornalismo, tras case 40 anos de carreira profesional, agradecendo aos seus mestres e mentores o apoio que lle dieron en cada etapa: “Tucho Calvo, que me deu a miña primeira oportunidade cando empezaba en Vigo como redactor de Deportes; José Luis Gómez, que confiou en min para dirixir un xornal en Madrid na miña treintena; e Bieito Rubido, que me abriu as portas do gran xornalismo e foi un exemplo constante de bó facer e calma, convirtíndose cos anos no máis entrañable dos amigos”.

Así mesmo, Ventoso dedicou eloxios ao articulista que da nome ao premio que estaba a piques de recibir, José Luis Alvite, ao que calificou como un personaxe “extraordinario”. “Era un anaco de pan, tralo seu disfrace de amigo da noite canallesca”, afirmou, “e un prodixio único da metáfora”.

Antes, na laudatio do premiado, Manuel Costoya realizou un breve percorrido pola ampla traxectoria profesional de Ventoso -”ao que me une”, dixo, “unha longa e fonda amistade”-, dende “como decidiu converterse nun xornalista na época na que era un estudante dunha escola coruñesa, ata como se forxou como profesional na Universidad de Navarra, cun expediente máis que notable”.

Nunha intervención xalonada de anécdotas personais e bos desexos para o futuro, Costoya afirmou que Ventoso “é un todoterreo, que vive pegado a unha redacción case dende o seu primeiro traballo; é un gran organizador e un agudo e brilante articulista”. “Luis é máis que un grandísimo xornalista… como Alvite”, concluiu.

La presidenta de la APG, María Méndez, destacó el hecho de que el Alvite alcance en este 2025 su décima edición, “contando en su nómina con articulistas de gran prestigio, como el que hoy incorporamos”, señaló, “Luis Ventoso Castiñeira”. Para Méndez, el Alvite “hace a los premiados acreedores del prestigio que da el ser reconocido por los que venimos desempeñando este oficio, pero también deudores de una tarea que han de proseguir en el tiempo, con el único afán de despertar un sentimiento crítico sobre todo lo que nos acontece”.

E nese senso, indicou, eses son “valores que consideramos destila a pluma do noso premiado desta edición, que lle fixeron merecedor do galardón que leva o nome do seu paisano, o gran columnista do Savoy”. “Parabéns, Luis, e recibe o noso ánimo para seguir interpelando ás conciencias sobre aqueles ámbitos que consideres necesarios para mellorar o noso mundo”.

E a conselleira de Economía e Industria da Xunta, María Jesús Lorenzana, afirmou que “tanto o xornalismo, como a política, están estreitamente vinculados á liberdade das persoas, e sometidos ao capricho dos acontecementos”. “Proba diso”, sinalou tamén, “é que ningunha ferramenta artificial foi quen de prever crises como a que estamos sofrindo agora, nin tampouco aportar solucións”. “Non é, nin moito menos, unha resistencia á mudanza tecnolóxica, senón unha convicción”, sentenciou.

Nese senso, a conselleira cualificou a Luis Ventoso como “pura intelixencia natural”. “Ademais de xornalista excepcional e gran amigo, Luis é un historiador do cotiá, un escritor que fai do día a día unha novela fascinante na que habería que incluír unha advertencia: calquera semellanza coa realidade, é inevitable”. “É un mestre da ironía, ingrediente que non abonda fóra de Galicia”, concluiu Lorenzana.

O xurado do Premio José Luis Alvite, formado pola Directiva da APG, decidiu concederllo a Luis Ventoso por unanimidade, considerando “entre os seus méritos máis salientables, a fondura das súas análises da actualidade dende unha postura crítica e independente, a súa claridade expositiva e o seu firme compromiso coa liberdade de prensa”, o que a xuízo da Asociación de Periodistas de Galicia “convírtelle nunha voz clara, distinta e respectada no panorama xornalístico galego e español”.

O Alvite 2025 naceu na Coruña en 1964 e ao longo da súa carreira ocupou cargos de relevo e destacados en varios medios de comunicación. Foi director de Diario 16, e director adxunto de La Voz de Galicia e do xornal ABC, xornal no que tamén exerceu como correspondente en Londres, columnista e responsable da sección ABC Cultural. Na súa traxectoria foi merecedor de numerosos premios xornalísticos como o Julio Camba, o Jaime de Foxá, o Herrera Oria ou o Premio Bravo.