A sala Antón Rivas Briones de Vilagarcía acollerá dende o 11 de abril a mostra “A Galicia inédita” apgadmin Abril 8, 2025

A sala Antón Rivas Briones de Vilagarcía acollerá dende o 11 de abril a mostra “A Galicia inédita”

O alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela Paz, a presidenta da Asociación de Periodistas de Galicia (APG), María Méndez González, o fotógrafo e comisario da mostra, Fernando Blanco Rajo, o fotoxornalista local do Diario de Pontevedra José Luiz Oubiña, e Alberto Avendaño Prieto, xornalista e socio da APG, inaugurarán o venres, 11 de abril, ás 12,45h, na sala municipal Antón Rivas Briones, a exposición de fotografías de prensa “A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego”, organizada pola APG e polo Colectivo Profesional de Fotoxornalistas de Galicia.

Sala municipal Antón Rivas Briones

A mostra, que reúne 73 imaxes doutros tantos reporteiros gráficos que traballan en Galicia, acompañadas por textos elaborados por xornalistas que tamén desenven o seu labor na comunidade galega, chega á capital arousá gracias ao apoio do departamento de Cultura do Concello de Vilagarcía.

“A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego” permanecerá aberta ao público na sala Antón Rivas Briones dende o venres 11, con entrada libre, ata o próximo 25 de maio, en horario de 10,30h a 13,30h e de 18,00h a 21,00h, de luns a sábado; e de 11,00h a 14,00h, os domingos.