A APG concede o X Premio José Luis Alvite de columnismo ao xornalista Luis Ventoso apgadmin Marzo 23, 2025

A APG concede o X Premio José Luis Alvite de columnismo ao xornalista Luis Ventoso

A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) decidiu por unanimidade conceder o X Premio José Luis Alvite de columnismo de opinión ao xornalusta e actual director adxunto do xornal dixital “El Debate” Luis Ventoso Castiñeira.

O xurado, formado pola Xunta Directiva da APG, destacou “entre os seus méritos máis salientables, a profundidade das súas análises da actualidade dende unha postura crítica e independente, a súa claridade expositiva e o seu firme compromiso coa liberdade de prensa, o que o convirte nunha voz clara, distinta e respetada no panorama xornalístico galego e español”.

O Premio José Luis Alvite de columnismo da APG 2025, naceu na Coruña en 1964 e ao longo da súa carreira ocupou cargos destacados e de relevo en varios medios de comunicación. Foi director de “Diario 16”, e director adxunto de “La Voz de Galicia” e do diario “ABC”, xornal no que tamén exerceu como correspondente en Londres, columnista e responsable da sección ABC Cultural. Na súa traxectoria foi merecedor de numerosos premios xornalísticos como o Julio Camba, o Jaime de Foxá, o Herrera Oria ou o Premio Bravo.

Luis Ventoso recibiu con grande satisfacción a concesión do José Luis Alvite cando a Asociación de Periodistas de Galicia comunicoulla oficialmente, afirmando: “Este premio supón unha grande ledicia para min, porque leva o nome de José Luis Alvite, co que tiven o pracer de traballar e que foi un articulista cun poder metafórico único, e porque é unha distinción que me outorgan os meus compañeiros da miña terra, Galicia, aos que quedo moi agradecido”.

Ventoso recibirá o galardón nun acto aberto ao público que terá lugar na Coruña, no próximo mes de maio, coincidindo co Día Mundial da Liberdade de Prensa.