O Colexio de Xornalistas de Galicia e a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia lanzan a partir de hoxe unha nova edición da campaña #IgualdeFollowers, que ten como obxectivo promover a igualdade de xénero entre os nenos e nenas galegos.
Para tal fin, unha decena de destacados influencer galegos, que son unha referencia en moi diferentes ámbitos, elaboraron mensaxes audiovisuais breves sobre diversos aspectos relacionados co obxectivo de acadar unha igualdade plena de dereitos para mulleres e homes, que se difundirán a través das redes sociais, como canles máis empregadas na actualidade polos mozos de todo o mundo.
Nesta cuarta edición de #IgualdadeFollowers participan Ale Lugilde, enxeñeira informática e tik toker; Antía Jácome, piragüista olímpica, tricampioa de Europa; Beatriz Serén, actriz e presentadora; Cris Martínez, futoblista e capitana do Depor Abanca; Deborah García, doutora en Química, investigadora e divulgadora científica; Gala González, modelo, socialité e creadora de contidos; Guillermo Carracedo, médico, campión de Europa de paddle surf e creador de contidos; Ireniusx, artista gráfica e tik toker; Susana Rodríguez Gacio, médica, paratriatleta e bimcapioa olímpica; e o grupo musical Tanxugueiras.
Os seus vídeos, grabados cunha linguaxe directa e cercana á mocidade, serán divulgados tanto a través das redes sociais da Asociación de Periodistas de Galicia, como do departamento de Igualdade da Administración galega, ao tempo que serán replicados polos propios influencer nas canles máis empregadas por cada un deles e nos que contan cun notable número de seguidores.
A APG amosa o seu agradecemento ao esforzo de tódolos participantes nesta edición de #IgualdadeFollowers e a complicidade da Consellería, porque as redes sociais, que moitas veces se identifican con riscos e perigros para os nenos e adolescentes, tamén poden ser unha ferramenta extraordinaria e unha oportunidade para chegar a eles con mensaxes positivas, que axuden a camiñar cara unha igualdade de xénero plena.
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, destaca que “un dos grandes retos que temos por diante é seguir sensibilizando á mocidade sobre o valor da igualdade de xénero, porque a fin última é que todas e todos vivamos mellor”. Neste sentido, Quintiana explica que “é importante achegarnos á xuventude a través das súas ferramentas sociais e comunicativas, e tendo como aliadas a persoas referentes que a xuventude de hoxe sigue, admira e replica as súas reflexións”. “É imprescindible que todas esas persoas que polo seu traballo conseguiron unha comunidade ampla de seguidoras e seguidores, nos axuden a facer este traballo de sensibilización, e por iso agradézolles que se sumasen a esta campaña e as animo a que tamén o fagan no seu día a día”, finalizou.
“Sabemos que queda moito por facer”, sinala a presidenta da APG, María Mendez, “pero é imprescindible loitar desde as idades máis temperás dos nenos para tentar reverter eses preocupantes resultados que arroxan despois moitas enquisas sobre igualdade, acoso e violencia de xénero entre os adolescentes”. “Precisamente, un dos ámbitos no que é necesario poñer o acento agora é o da protección das mulleres nos novoz espazos dixitais… e que mellor maneira de facelo que por boca de personaxes admirados e que son unha referencia para moitas mozas e mozos galegos”, concluiu.