Editada unha publicación sobre a exposición “A Galicia inédita” apgadmin Xullo 19, 2024

Editada unha publicación sobre a exposición “A Galicia inédita”

A Asociación de Periodistas de Galicia e o Colectivo Profesional de Fotoxornalistas de Galicia, co apoio da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia, veñen de editar unha publicación sobre a exposición “A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego”, inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia o pasado 15 de abril na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela, onde permaneceu aberta ao público durante un mes e medio e onde foi visitada por case 12.000 persoas.

O traballo, realizado por Edicións Teófilo e cunha introdución do xefe do Goberno galego, Alfonso Rueda, da presidenta da APG, María Méndez, e do portavoz do Colectivo Fotoxornalistas, Miguel Riopa, conta cun prólogo do Premio Nacional de Literatura Alfredo Conde. Inclúe as 73 imaxes da exposición asinadas por outros tantos fotoxornalistas que traballan en Galicia, así como as lendas literarias elaboradas por xornalistas tamén da nosa comunidade, que acompañan a cada unha das fotografías.