A APG participa nunhas xornadas sobre xornalismo electoral do Colexio Maior A Estila de Santiago apgadmin Marzo 21, 2024

A APG participa nunhas xornadas sobre xornalismo electoral do Colexio Maior A Estila de Santiago

A Asociación de Xornalistas de Galicia, representada pola súa presidenta, María Méndez, e con asistencia de varios dos seus asociados e directivos, participou hoxe, 21 de marzo, nas III Xornadas de Xornalismo organizadas polo Colexio Maior A Estila de Santiago de Compostela.
O coloquio, titulado “Periodismo en Campaña: Claves del Periodismo Electoral” e que reuniu a varios destacados profesionais do xornalismo con ampla experiencia, foi conducido polo director do Colexio Maior La Estila, Miguel Jiménez, que xunto con María Méndez se encargou da súa apertura.

Os protagonistas da mesa de debate, moderada por Méndez, foron Raquel Tejero, delegada en Galicia do xornal dixital El Debate; Xosé Vázquez Gago, redactor do xornal La Voz de Galicia; Juan Capeáns Garrido, xefe de Gabinete da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia; Abraham Coco, xefe de Prensa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do Goberno galego.

As xornadas foron clausuradas polo xornalista e cronista parlamentario Fernando Jáuregui, que pronunciou unha conferencia titulada “Experiencia de un Periodista en el Congreso de los Diputados”.