Reunión do xornalismo político e parlamentario na Cámara autonómica galega
O Parlamento de Galicia foi escenario dun intenso cumio de xornalismo político e parlamentario, organizado polo foro “Periodismo 2030” e a Fundación AXA, coa colaboración da Asociación de Periodistas de Galicia (APG) e a Cámara galega. Na inauguración interviron o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, a presidenta da APG, María Méndez, a presidenta da Asociación de Periodistas Parlamentarios, Anabel Díez, o director xeral da Fundación AXA, Josep Alfonso, e o presidente e director do foro “Periodismo 2030”, Fernando Jáuregui e Sergio Martín, respectivamente. Alfonso Rueda quixo destacar que os xornalistas e os medios de comunicación “foron contando os importantes cambios que se produciron en Galicia e nom seu Parlamento nos últimos anos e, tamén, cando durante a pandemia estabamos pechados na casa, sen conexión coa realidade”. “Todos tivemos que adaptarnos aos cambios que se produciron”, afirmou, “xa que agora a realidade cóntase case ao mesmo tempo que está ocurrindo”. A xornada serviu tamén para homenaxear aos sete xornais centenarios de Galicia (Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Diario de Pontevedra, El Progreso, La Región, El Ideal Gallego e El Correo Gallego), polo seu destacado papel durante a pandemia, xa que -como lembrou Fernando Jáuregui-, durante ese período seguiron saíndo á rúa cos quioscos e cos bares pechados”.
José de Cora, vicepresidente do grupo El Progreso, destacou que o “papel, internet e de balde son incompatibles… o xornalismo necesita investimento para manter esa tarefa”. “A gran incógnita é saber como van sobrevivir os medios tradicionais e o papel ante internet”. Rogelio Garrido, director de Faro de Vigo, manifestou: “Comunicar non é informar. Informar costa cartos. Desconfiaría daquilo que se nos ofrece de balde”. “A primeira victoria da fake new é que se lles chame así… en realidade, son mentiras de toda a vida”. Manuel Ferreiro, director de “El Ideal Gallego”: “Ninguén debe coartar a liberdade de ninguén, pero aos responsables das publicacións en internet ou as redes sociais hai que aplicarlles a Lei como a nós polo que digan”. Miguel Ángel Tobías, representante de El Correo Gallego: “Cada medio ten un formato diferente e, se non nos adaptamos, iremos morrendo”. “Os medios de comunicación, como o mundo da cultura, deberíamos recibir subvencións por Lei… pero nunca a cambio de nada”.
Rafael Cid, director de RTVE en Galicia: “Os medios públicos temos a obriga de informar de todo, cousa que os medios privados, non”. “Os medios xogamos cunha limitación de medios técnicos e humanos, aínda que a formación é moi importante”. Rosa Vilas, adxunta á dirección xeral de CRTVG: “Os medios públicos teñen axudado a vertebrar este país, pero a audiencia é a súa xustificación e, por iso, temos que chegar aos cidadáns con rigor e responsabilidade”. “Estase incorrendo na twiterización da política, de xeito que nos platós de televisión cóntanse cousas moito máis interesantes que nos parlamentos… todo está marcado pola rapidez”. Martín García, director de Axencia Galega de Noticias: “Nos últimos anos se produciron cambios radicais: o recorte de medios e espazo nos medios, pola crise económica que comezou en 2007; a dixitalización, que concedeu moito máis peso ao audiovisual; e o divorcio da sociedade e a política. Todo iso afecta ao xornalismo político e parlamentario”. Juan Capeáns, cronista parlamentario de La Voz de Galicia: “Por suposto que nos piden calidade nas crónicas parlamentarias, pero a rapidez cambiouno todo”. “O Parlamento dignifícase cando se dan noticias nel”. Julio Rodríguez, director de Atlántico Diario: “As informacións, por exemplo de Economía e Sociedade, gañaron moito peso nos últimos anos, en detrimento das políticas”. “Os grandes anunciosfanse moito antes de que cheguen aol Parlamento e por iso o cronista parlamentario o ten moito máis difícil para contar algo interesante”. O cumio xornalístico rematou cunha mesa na que participaron responsables das principais emisoras de radio: Cruz Mato, cronista parlamentaria de RNE en Galicia; Mario Moreno, director rexional da Cadena SER en Galicia; Alberto Varela, redactor-xefe de COPE Galicia; e Marta Rodríguez, coordinadora de Informativos de Onda Cero en Galicia. Cruz Mato, cronista parlamentaria de RNE en Galicia, asegurou que “o que trunfe dentro de dous anos todavía non se ten inventado. Na radio temos que saber adaptarnos, como fixemos sempre”.