“Os columnistas debemos usar navalla, pero non lastimar”, sinalou o galardoado deste ano
Carlos Luis Rodríguez recibiu na sede de Abanca, en Santiago de Compostrela, o Premio José Luis Alvite, na súa cuarta dedición, que outorga anualmente a Asociación de Periodistas de Galicia. Durante a súa intervención, o galardoado xa amosou o seu da esgrima verbal ao destacar “a perspicacia de Arturo Maneiro, presidente da nosa Asociación”, dixo, ao celebrar o acto nunha praza “con nome de xornalista”, en alusión a Cervantes. Carlos Luis amosou a súa satisfacción por pertencer a un medio como El Correo Gallego, “cheo de grandes profesionais”, en cuxas páxinas asina artigos dende hai máis de 15 anos, “sen seguir outra marea que o respecto ao lector de A bordo”.
Y ahondó en su guiño al autor de El Quijote para explicar su visión del oficio. “Non está en mans de cualquera columnista concederlle a inmortalidade aos personaxes ou situacións que retrata; pero a lo menos intentamos escribir unha historia cotiá que rescate do esquecemento a parte do mundo sobre a que nos toca escribir”, sentenciou.
Soltando varias das láminas de humor, das que salpican as súas análises sociopolíticas, o premiado izou o sorriso dos presentes con outra comparativa para explicar o seu labor: “usáronse diversos paralelismos para explicar o que somos os articulistas; díxose con reiteración que somos notarios da actualidade, pero a distancia entre o xornalismo e a notaría é sideral…”. “Máis atinada semella a analoxía do mestre Julio Camba”, engadiu evocando ao literato arousano. “Camba prefire asimilarnos aos peluqueros, ou barbeiros na súa época; temos que tratar con moitas cabezas; temos que empregar a navalla con coidado de non lastimar; e en ocasións, recorremos ao xabrón. Camba atina”, apuntou antes de proseguir a súa alocución en galego.
“O columnista vive de préstamos. O lector préstalle o seu tempo, e o xornalista colle prestados da realidade anacos de vida, anécdotas, sucesos, tipos, para logo ser reciclados e convertidos nun artigo…. Somos prestatarios que vivimos na columna, pero non subidos a unha columna”.
Feijóo: “A importancia da moderación, tanto na política, como nos medios”
A cita na sede compostelá de Abanca reuniu a un centenar de persoas, entre elas personalidades da área xornalística, sociocultural e política, co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, á cabeza, quen destacou a importancia “da moderación” tanto nos medios como na política. “Nos seus artigos”, indicou, “proba que se poden analizar as cousas serenamente e sen alborotos, reprender sen ofender, refutar unha afirmación sen desprender rancor e…. ser contundente sen ser insolente”. “Subirse a bordo dos seus artigos é máis parecido a estar nunha balsa de auga, que no medio dunha axitada tormenta”, concluiu Feijóo.
Por último, o presidente da APG, Arturo Maneiro, resaltou que o columnismo xornalístico “é unha das principais manifestacións da liberdade de prensa e de expresión”. E María Méndez, vogal da APG, sinalou que o xurado outorgou o Alvite 2019 a Carlos Luis Rodríguez tras ter en conta a súa traxectoria “como xerador de opinión, analista da actualidade e das situacións diarias nos distintos ámbitos: político, económico, laboral, cultural ou social”.
Na súa reunión do 13 de marzo, a Directiva da APG acordou outorgar o premio José Luis Alvite de columnismo xornalístico a Carlos Luis Rodríguez, que exerce en diversos medios de comunicación de Galicia, “valorando moi especialmente a capacidade de argumentar con rigor e moderación nas súas análises políticas, nos que aporta un estilo áxil e claro”.
Ao acto de entrega do Alvite a Carlos Luis tamén acudiron, entre outros, o exalcalde da Coruña e ex embaixador na Santa Sede, Francisco Vázquez; o conselleiro de Economía e a secretaria xeral de Medios da Xunta, Francisco Conde e Mar Sánchez; o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio; a presidenta do CES, Corina Porro; o voceiro socialista no Concello de Santiago, Paco Reyes; e a muller do galardoado, Marirré García Marón.