Arturo Maneiro renova como presidente da APG ozonoadmin Maio 9, 2014

Arturo Maneiro renova como presidente da APG

A Asemblea da APG renova o mandato de Arturo Maneiro como presidente e Ángel Botana como presidente de honra

A Asemblea Xeral extraordinaria da Asociación de Periodistas de Galicia (APG) aprobou a relección de Arturo Maneiro como presidente para os próximos cinco anos, mentres que Ángel Botana foi nomeado presidente de honra da entidade e quedaron elixidos os componentes da nova Directiva.

A nova Xunta Directiva está composta por:

  • Ángel Botana, presidente de honra.
  • Arturo Maneiro, presidente.
  • José Castro, vicepresidente.
  • Javier García Sánchez, secretario.
  • Luis Rivero de Aguilar, tesoureiro.
  • Moncho Paz, vogal para Comunicación e Relacións Externas.
  • María Méndez, vogal para Formación e Desenvolvemento.
  • Virgilio Costas, vogal para novas tecnoloxías.
  • Ana Fernández Roca, delegada por A Coruña.
  • Alfonso Riveiro, delegado por Lugo.
  • Juan José Feijóo, delegado por Ourense.
  • Martín Fernández Vizoso, delegado por Pontevedra.
  • Octavio Rodríguez , delegado por Vigo.
Na primeira reunión da Directiva elixida pola Asemblea establecéronse as directrices para fomentar a promoción de actividades profesionais e ampliar o seu campo de acción.
Neste aspecto, a nova Xunta mostrou como unha das súas preferencias as novas tecnoloxías “co fin de ter unha maior presenza e visibilidade en tódolos ámbitos, dende a páxina web ás redes sociais”.
Ademais da organización de eventos profesionais, presenza en foros e debates, a Directiva da APG lembrou que en 2015 se cumprirán vinte anos do seu premio de periodismo anual, denominado “Diego Bernal” tra-lo pasamento do lembrado xornalista compostelán, quen fora vicepresidente da Asociación.