Os xornalistas homenaxean a Pepe Castro na Coruña
A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) colaborou e participou no acto de homenaxe preparado pola Asociación da Prensa da Coruña ao noso vicepresidente José Castro. A iniciativa deste homenaxe partiu dos seus compañeiros de Caixa Galicia Lucia Aller e Lito Abad, e da delegada de Radio Galega en A Coruña, Chus Castro.
Na cea estiveron presentes, como amigos, o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado; o expresidente da Xunta, Fernando González Laxe; o director de La Voz de Galicia e o presidente do grupo de El Ideal Gallego, Juan Ramón Díaz, que tamén foi o encargado de facer a semblanza profesional do homenaxeado.
O presidente da Asociación da Prensa da Coruña, Manolo González, intervíu tamén para resaltar a figura do homenaxeado e agradecer aos organizadores o traballo realizado. Lito Abad tamén intervíu para agradecer as achegas profesionais de Pepe Castro ao departamento de Comunicación de Caixa Galicia e as achegas á comunicación empresarial en xeral.
Pepe Castro agradeceu moi emocionado a homenaxe e a presenza de todos os que estaban presentes e a aqueles que se sumaron sen poder asistir persoalmente, que foron uns 40 compañeiros.
Por parte da APG estiveron presentes os directivos María Méndez, Javier García Sáchez, Arturo Cerviño e Arturo Maneiro, así como os socios Ángel Botana, Nacho Capeáns, o propio Juan Ramón Díaz, Gonzalo Vázquez, Lucia Aller e Lito Abad ou Pati Blanco.
Como recordo da homenaxe, entregóuselle a Pepe Castro unha obra escultórica e unha libreta con dedicatorias e sinaturas de tódolos presentes.