CONCLUSIÓNS I CONGRESO MEDIOS DE COMUNICACIÓN E IGUALDADE DE XÉNERO:
- Xerar un observatorio con participación de medios de comunicación, administración e universidades, para analizar e medir o impacto do labor informativo no tratamento da violencia de xénero e formular recomendacións de ser necesario.
- Valórase positivamente a celebración deste Congreso e hai unanimidade para demandar máis espazos profesionais destas características, para a reflexión e posta en común sobre xénero e violencia machista, con foros de carácter integral e transversal.
- Detéctase un déficit de especialización e formación en perspectiva de xénero, a pesar do cal, a posición dos medios é moi activa e comprometida na loita contra a violencia machista.
- A igualdade e a perspectiva de xénero deben ser incorporadas de forma transversal na liña editorial dos medios de comunicación, de xeito que se extenda a todas as seccións, informativos e programas.
- Os medios de comunicación públicos deben ser punta de lanza na causa da igualdade, para servir de referente e abrir paso aos medios privados.
- A escasa presenza de mulleres en postos de toma de decisión nas empresas xornalísticas sigue sendo un obstáculo para un avance cualitativo, non tanto cuantitativo, da igualdade.
- A conciliación é un factor determinante que condiciona e limita o papel da muller nos medios.
- Algúns medios xa aplican decálogos e códigos de boas prácticas para un tratamento periodístico eficaz e idóneo da violencia de xénero.
- Proponse a elaboración dun código de boas prácticas para a súa consulta polos medios de comunicación de Galicia.
- Algúns medios xa incorporan a figura de corresponsal de xénero e igualdade.
- Os medios, amais de informar, tamén han de contribuir a crear conciencia social sobre esta lacra.
- A violencia de xénero non pode ser tratada informativamente como un suceso.
- Hai que evitar enfoques amarillistas e sensacionalistas, usar a terminoloxía e os recursos gráficos adecuados e contextualizar os feitos.
- Alértase de titulares moi sensacionalistas nas redes sociais.
- Non só hai que contar o ocurrido nos casos de violencia de xénero, senón analizar a súa orixe e evidenciar a desigualdade estructural que os provoca.
- Os medios deben intensificar o foco informativo sobre o maltratador – pero sen convertilo nun personaxe, porque os personaxes se imitan-, sobre os xuízos e as sentenzas que se impoñen.
- As informacións de violencia de xénero deben abordarse con máis formación e máis tempo e sería desexable contar cunha axenda de persoas expertas a disposición dos xornalistas, para favorecer unha análise reposada e sen sesgos.
- Os novos soportes, con redaccións máis novas e máis proclives a consultar novas fontes feministas, introducen de manera natural a perspectiva de xénero e axudan a romper estereotipos.
- As universidades detectan certa resistencia á inclusión da perspectiva de xénero, que é necesario facer extensiva a tódalas titulacións, á docencia e á investigación.