Conclusións II Congreso Medios de Comunicación e Igualdade de Xénero apgadmin enero 9, 1996

Conclusións II Congreso Medios de Comunicación e Igualdade de Xénero

CONCLUSIÓNS II CONGRESO MEDIOS DE COMUNICACIÓN E IGUALDADE DE XÉNERO:

• A crise do COVID está relegando o tratamento informativo da igualdade e da violencia de xénero. De xeito xeralizado, a cobertura de xénero está ausente durante a pandemia en tódolos países.

• O coronavirus coloniza informativamente tódolos espazos, como un tsunami que arrasa con todo.

• Durante a pandemia, as mulleres quedaron, de xeito xeralizado, fóra das decisións políticas, fóra da comunidade científica e fóra do foco mediático.

• En España hai unha alta percepción do escaso protagonismo feminino nos medios.

• Necesidade dun maior compromiso cívico do xornalismo coa perspectiva de xénero, para combater os estereotipos sexistas e corrixir os desequilibrios informativos derivados do COVID.

• O tratamento informativo debe estar presidido polo criterio de deslexitimación do maltratador e maior visibilidade da víctima.

• Vixiancia exhaustiva de que os recursos e a prestación de servizos para violencia de xénero non se reduzan.

• Manter a vixiancia para que non se incremente a vulnerabilidade de as mulleres traballadoras e a pandemia sexa un caldo de cultivo para a desigualdade e a violencia de xénero.

• Recomendación de recorrer con maior frecuencia a fontes informativas femininas para mellorar a presenza da muller nos contidos informativos e superar o claro predominio masculino nas fontes informativas.

• O xornalismo non poide ser mera Caixa de resoancia, ten que cumprir un servizo á ciudadanía, ofrecendo información de calidade.

• Se ben os avances na igualdade profesional no xornalismo son notables, aínda hai déficit de presenza feminina nos espazos de opinión e de dirección dos medios de comunicación.

• É necesario que os medios de comunicación contribúan a visibilizar e normalizar que as mulleres son competentes para opinar, liderar e dirixir.

• Os medios dixitais, pola súa organización menos xerarquizada, deben servir de punta de lanza para mellorar as cotas de igualdade.

• Sería recomendable que os medios contasen cun código deontolóxico sobre igualdade e violencia de xénero.

• Esperanza no enfoque con perspectiva de xénero que poden achegar as novas xeracións de xornalistas, maioritariamente mulleres.

• O alumnado universitario demanda máis formación en xénero.

• É necesario introducir a perspectiva de xénero na docencia universitaria.

• Hai que incrementar as liñas de investigación universitaria sobre perspectiva de xénero.