15 influencers apoyan la campaña #Igualdadefollowers de la APG ozonoadmin julio 26, 2023

15 influencers apoyan la campaña #Igualdadefollowers de la APG

Quince influyentes personajes gallegos participan en la tercera edición de la campaña #Igualdadefollowers

La presidenta de la Asociación de Periodistas de Galicia (APG), María Méndez, y la secretaria xeral da Igualdade de la Xunta de Galicia, Sandra Vázquez Domínguez, encabezaron esta mañana (26 de julio de 2023) en el Centro de Novas Tecnoloxías de Santiago de Compostela, la presentación de la tercera edición de la campaña #Igualdadefollowers, que pretende promover la igualdad de género entre los niños y los adolescentes, mediante la difusión a través de las redes sociales de mensajes audiovisuales de destacados personajes gallegos que lograron la excelencia en ámbitos muy diversos.


Nesta terceira edición da campaña -un proxecto realizado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, coa colaboración da APG-, participaron:

  • Carlota Corzo, emprendedora e cofundadora de “lazzaro.io”.
  • Carmen Vidal, xefa de Alergoloxía do CHUS e investigadora.
  • Clara Redondo, deseñadora de moda e influencer (“plantitiscronica”).
  • Fernando Romay, exbaloncestista, medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 1984.
  • Ismael Ramos, escritor, Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2022.
  • Laura Vallejo, operaria forestal e influencer (“lauritavallejo”).
  • Lúa Piñeiro, campioa de Europa de taekuondo.
  • Lucía Pérez, cantante, representante de España en Eurovisión 2011.
  • María Foscaldo, xornalista e influencer (“Virtudes a Repunante”).
  • Martín de la Puente, tenista en cadeira, campión dobres US Open 2022.
  • Miguel Mandayo, futbolista e influencer (“maandayo”).
  • Nani García, músico, Premio de Honra da Academia Galega do Audiovisual 2023.
  • Patricia García, xornalista e influencer (“donkeycool”).
  • Paula Vilaboy, bióloga e influencer (“blondiemuser”).
  • Yolanda Castaño, poeta, editora e xestora cultural.

Na presentación, a secretaria xeral da Igualdade afirmou que “as redes sociais poden ser unha boa ferramenta para achegarse a temas sensibles ou conflitivos dun xeito amable, sobre todo no que se refire á mocidade, colectividade na que a conexión coas redes é case permanente”. “Debemos ter moi presente que, en moitos casos, un uso indebido delas pode resultar algo perigoso, pero que do mesmo xeito, enfocándoas ben, poden aproveitarse como unha grande oportunidade, como por exemplo cando estamos a falar da igualdade de xénero, un ámbito no que se segue a ver moito por facer”.Vázquez Domínguez tamén sinalou que “nun día como hoxe é importante recordar e poñer de manifesto a importancia de protexer os dereitos das mulleres nos espazos dixitais”. “Galicia”, engadíu, “deu pasos significativos ao aprobar no ano 2021, e por unanimidade, unha reforma lexislativa que incorporou a violencia de xénero dixital como unha forma de violencia machista”. “Aquí é onde entran en xogo campañas como esta, como IgualdadeFollowers, onde recopilamos testemuñas como as das persoas aquí presentes, Lúa, Clara e Patricia, relevantes en todo tipo de ámbitos, para chegar a transmitir o que tamén facemos co traballo levado a cabo a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, aínda que por suposto, ese é un labor de todos, polo que agardamos que iniciativas como esta axuden a mudar perspectivas cara outras máis evolucionadas”. A presidenta de la APG agradeceu na súa intervención “a complicidade amosada desde o minuto un pola nova conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade e pola secretaria xeral da Igualdade”, que dixo, “seguen apostando por esta fermosa, pero tamén eficaz, campaña en redes #IgualdadeFollowers”.Fixo ademais unha mención especial aos influencer participantes na campaña por “tratar con tanta naturalidade e xenerosidade unha cuestión que nos concirne a todos, e na que hai que seguir traballando arreo se queremos eliminar as desigualdades”.Méndez salientou que, “unicamente a través dos códigos e das canles preferidas pola xente máis nova, se pode chegar con algún éxito a formar desde idades temperás na plena igualdade”. “É evidente”, engadiu, “que para que esta proposta tivese un percorrido exitoso ata chegar a esa audiencia, tiña que apoiarse en personaxes cuxas mensaxes sexan acollidas positivamente; persoas coas que os máis novos síntense identificados, con capacidade de influír ao ser referencias en moitos dos campos”.
No acto desta mañá participaron as influencer Lúa Piñeiro, Clara Redondo e Patricia García Lema, e mostrouse un vídeo demo da campaña que inclúe a algunhas das mensaxes dos personaxes que participaron nela, que se lanzarán aos mozos galegos a través das redes sociais.